15/9/14

UNHA DE VIAXES PARA COMEZAR...

Nalgúns cursos empezamos traballando este marabilloso libro de Mercé Sendino "VIAJES" que por medio de versos pareados fainos sentir os distintos aspectos dunha viaxe e a súa relación coas maletas.

Nalgúns cursos foron completando as posibles rimas, noutros foron inventando unha historia a partir de determinadas imaxes, outros inventaron eles mesmos algúns pareados e outros máis pequenos debuxáronse integrándose nalgunha imaxe do conto. Mostraremos máis adiante algúns deses traballos.










Motivo para o curso 2014-15

Este será o motivo central para moitos dos documentos que actualizamos cada ano e que fai referencia ao noso proxecto central: a figura de Alexandre Bóveda co tema da aprendizaxe UNHA VIAXE DE IDA E VOLTA.


O NOSO PROXECTO

Comezamos o curso cun proxecto no que está todo o centro moi ilusionado: "andaremos a voltas" cun libro de Xulio Verne "A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS" e temos xa moitas ideas para traballar nas aulas. 
Pretendemos traballar o tema da forma máis integrada posible e para iso necesitamos discusións, debates, ideas, ensaios e que non nos falte a ilusión de aprender cada curso.
Temos as maletas preparadas para emprender a viaxe e moi pronto abriremos a nosa biblioteca. Non nos chegan as horas para poñer en funcionamento todas esas actividades: a gran exposición central, os primeiros traballos, as mochilas viaxeiras, os novos carnés, as normas da biblio, os axudantes...que fan das bibliotecas lu activos e dinamizadores.



11/9/14

A BIBLIOTECA: UNHA VIAXE DE IDA E VOLTA

Deixamos o enlace do novo proxecto integrado do centro basado no libro: "A volta ao mundo en 80 días" de Xulio Verne.Proxecto anual Biblioteca 14-15

8/6/14

CELEBRANDO O DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O PASADO XOVES, 5 DE XUÑO, CONMEMORAMOS O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.
O ALUMNADO DE 1º CURSO E DE E. INFANTIL ( 5º) PREPARARON UNHA CHARLA E UNS CONSELLOS SOBRE A RECICLAXE E PUXERON A TODA A ESCOLA A RECICLAR CON XEITO E CON SENTIDIÑO.








4/6/14

GOZANDO DA RADIO ESCOLAR

ONTE, MÉRCORES, 2 DE XUÑO FOI UNHA DATA HISTÓRICA PARA A ESCOLA PORQUE TIVEMOS A 1ª SESIÓN DE RADIO ESCOLAR REALIZADA POLO ALUMNADO DE 4º.  HOUBO MOITA AFECCIÓN XA QUE CONVOCOUSE UN CONCURSO PARA ACERTAR NUNHA RESPOSTA E COMO PREMIO HABÍA UNHA CAMISETA DO BERETIÑO.