15/4/15

O ESPANTALLO AMIGO

En colaboración coa editorial Galaxia, o concello de Redondela , asistimos á representación da obra de Neira Vilas,  O ESPANTALLO AMIGO,  a cargo do grupo OS QUINQUILLÁNS. 
Como xa tiveramos o agasallo do libro, había unha grande parte do alumnado que xa o lera, polo que mostraron moito interés. 
Agora toca facer algún traballiño sobre o mesmo, que xa mostraremos aquí no seu momento.



REUNIÓN DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA

O martes, 14 de Abril, celebramos na nosa escola unha reunión de coordinación das bibliotecas de Redondela con representación da biblioteca municipal.
Falamos sobre al próximas actuacións conxuntas para este curso e algunha para o vindeiro.
Coma sempre, resultou de grande utilidade.

13/4/15

MÁIS CONCERTOS

IRENE E SOFÍA  ofreceron o pasado mércores un concerto nos "RECREOS DA BIBLIO" . 
Tamén gozamos moita coa súa música e esperamos que haxa moitos máis.




FORMACIÓN DE USUARI@S

Desde o CEIP SOFÍA CASANOVA (Culleredo) chéganos  este fantástico traballo sobre formación de usuari@s que imos enlazar pola xentileza desta biblioteca.
Fantástico traballo!

27/3/15

MÁIS RECREOS NA BIBLIO

EXTRAORDINARIO CONCERTO O QUE DEU O ALUMNADO DE 3º A  NA BIBLIOTECA.
QUEDÁMONOS CON GANAS DE MÁIS.  NORABOA!



Á PESCUDA DE DATOS PARA RESOLVER OS ENIGMAS

DURANTE ESTA SEMANA ESTIVEMOS TRABALLANDO NA RESOLUCIÓN DAS PREGUNTAS RELACIONADAS CO DÍA DA POESÍA: DESCUBRIMOS ERROS, FIXEMOS ENCRUCILLADOS, ORDENAMOS VERSOS... FOI TODO MOI ENTRETIDO E OS EQUIPOS TRABALLARON MOI BEN.




20/3/15

DÍA DA POESÍA

CELEBRAREMOS O VINDEIRO LUNS, 23 DE MARZO, O DÍA DA POESÍA CUNHA SUXESTIÓNS DE ACTIVIDADES RELACIONADAS COS POEMAS DE ROSALÍA E DE AUTORES COETÁNEOS QUE ESTÁN NOS MURAIS DA ENTRADA.