Durante esta semana estivemos ttraballando arredor da prensa e aínda seguiremos algúns días máis , enlazando xa coas actividades do Día do Libro.
aquí vai unha mostra das suxestións de traballo para que logo o profesorado as vaia adaptando aos diferentes niveis.
17/4/15
15/4/15
SEMANA DA PRENSA
Esta semana estamos celebrando a semana da prensa e mercamos varios xornais en lingua inglesa e algúns en castelán.
tamén laboramos unha suxestión de actividades para facer en diferentes cursos.
TEXTO EXPOSITIVO
Nos cursos de primaria de 4º, 5º e 6º estamos traballando os textos expositivos.
A partires duns textos do libro de A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS, onde aparecen nomeados diferentes animais, realizaremos primeiramente unha busca de información e logo elaboraremos un texto de creación en modo expositivo.
para tal efecto, a biblioteca ofrece recursos para a busca de tal información.
O ESPANTALLO AMIGO
En colaboración coa editorial Galaxia, o concello de Redondela , asistimos á representación da obra de Neira Vilas, O ESPANTALLO AMIGO, a cargo do grupo OS QUINQUILLÁNS.
Como xa tiveramos o agasallo do libro, había unha grande parte do alumnado que xa o lera, polo que mostraron moito interés.
Agora toca facer algún traballiño sobre o mesmo, que xa mostraremos aquí no seu momento.
Como xa tiveramos o agasallo do libro, había unha grande parte do alumnado que xa o lera, polo que mostraron moito interés.
Agora toca facer algún traballiño sobre o mesmo, que xa mostraremos aquí no seu momento.
REUNIÓN DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA
O martes, 14 de Abril, celebramos na nosa escola unha reunión de coordinación das bibliotecas de Redondela con representación da biblioteca municipal.
Falamos sobre al próximas actuacións conxuntas para este curso e algunha para o vindeiro.
Coma sempre, resultou de grande utilidade.
13/4/15
MÁIS CONCERTOS
IRENE E SOFÍA ofreceron o pasado mércores un concerto nos "RECREOS DA BIBLIO" .
Tamén gozamos moita coa súa música e esperamos que haxa moitos máis.
FORMACIÓN DE USUARI@S
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









