22/10/15

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Estamos preparados para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Mañán comezaremos cun expurgo de libros e a cambio dun marcapáxinas "científico" poderase levar un libro dos que están expostos.



18/10/15

EXPERIMENTANDO COA CIENCIA

Anda o noso alumnado traendo e levando experimentos da casa para a escola . Estes días pasados tocoulle o turno á CÉLULA e podedes observar que marabillas fixeron.







11/10/15

MAÍS RECURSOS PARA TRABALLAR NA AULA

Está habendo bastante actividade entre o profesorado arredor destes libros:



1/10/15

Aprendendo dos maiores

O alumnado de 1º  empezaba hoxe con novas normas da biblioteca ( distintas das de E. Infantil) e o alumnado de 6º prestouse a ensinarlle todo o que se pode facer na biblioteca.











Inauguración da Biblioteca da Caracola Tola

Hoxe inauguramos a nosa biblioteca con todos os honores.
Xa había moitas ganas porque non recreo non dimos abasto para atender todas as peticións de empréstitos.
Antes tivemos un concerto a cargo de Nano (6º) co clarinete, Luis (4º A) tamén co clarinete e Serxio ( 4º A) coa gaita.
 Foi na entrada da escola, a carón da biblioteca.
Pasámolo xenial e gozamos cos nosos artistas.








HOXE, ABRIMOS

Por fin. 
Hoxe comezamos unha nova andaina con tanta ilusión coma sempre.
Para celebralo, temos un concerto na entrada da biblioteca a cargo de Luis Rey, Segio e Nano.
Cada un deles agasallaranos cunha peza. 
Entre outras actividades, fixemos unha invitación a modo de mural.







24/9/15

REUNIÓN DO OBRADOIRO ESCRITA

Este curso , o profesorado que dá clases de lingua (galega ou castelán) desde 2º a 6º traballaremos dun xeito coordinado o tratamento da escrita. 
Así , na reunión de hoxe perfilamos o enfoque nos prantexamentos da escrita, cun guión que xa subiremos a este mesmo blog.
Hai libros que nos son de gran axuda. 
Aquí deixamos á vista algún deles.