2/12/16
PREPARANDO CO ALUMNADO DE SEXTO A SÚA BIBLIOTECA DE AULA
Este curso puxemos en marcha unha nova iniciativa para fomentar a lectura nas aulas. O propio alumnado foi o encargado de escoller os exemplares que forman parte das súas bibliotecas.
CIMENTOS DO NOSO PROXECTO
Como nunha boa construción, os cimentos son o máis importante... estes son algúns libros que cimentan o noso traballo.
EXPOSICIÓN NA ENTRADA
Como necesitábamos motivarnos despois das vacacións para empezar o novo curso, montamos desde a biblioteca unha exposición na entrada do centro para que fóramos facendo unha idea do noso proxecto " MIÑA CASIÑA, MEU LAR"
28/11/16
5/6/16
AS ACHEGAS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
O departamento de Orientación aportou ao PDI a súa visión do mesmo e o resultado pode calificarse de altamente positivo.
Ademais de preparar e elaborar os materiais e as actividades, dirixiron persoalmente o desenvolvemento das sesións.
Facilitaron a visita á escola de dúas persoas da Asociación de Xordos de Vigo que nos impartiron unha charla que derrubou moitas confusións e erros sobre este tema.
Desde a biblioteca queremos agradecer ao equipo por facilitarnos outra ollada e sensibilizarnos con outras posibilidades de comunicación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





















