31/3/17

ANIMAIS CONSTRUTORES

O alumnado de sexto preparou este libro sobre os animais e como constrúen a súa casa.

21/3/17

CONSTRUÍNDO POESÍA: CALIGRAMAS E POESÍA VISUAL

Durante toda esta semana e a seguinte, para conmemorar o Día da Poesía  estaremos a traballar sobre caligramas e poesía visual.
Xa temos o noso recuncho de presentación cos libros escollidos para que alumnado e profesorado poidan mergullarse na “plasticidade” da poesía.






17/3/17

ROSALÍATE

A Caracola Tola fixo unha adaptación da proposta da AELG  #ROSALÍATE para o cole... esperamos vos guste.

DÍA DA MULLER EN INFANTIL: MILAGROS REY

En infantil coñecimos a primeira arquitecta galega: Milagros Rey, vos deixamos unha mostra do noso traballo.



10/3/17

THE 10 MOST OVERLOOKED WOMEN IN ARQUITECTURE HISTORY

O alumnado de Primaria traballamos sobre 10 mulleres arquitectas que non recibiron o seu recoñecemento na historia.



FENÓMENOS

Dentro das actividades do día 8 de Marzo o alumnado de 5º e 6º de Primaria estivo a traballar co trailer do film Fenómenos.



OS VENRES DA CARACOLA

O venres é o día da semana na que o alumnado de infantil visitamos a nosa amiga a Caracola Tola para o préstamo de contos.
 Aquí andamos a buscar o conto que nos apetece levar,  co noso carné a procura do número do libro, e outras actividades de animación a lectura que facemos no noso recuncho favorito do cole...