O alumnado do centro tamén colabora con esta exposición aportando o lomo do seu libro favorito para construír unha gran biblioteca.
28/4/17
CONSTRUÍNDO A NOSA BIBLIOTECA: UN PROXECTO POLO DÍA DO LIBRO
Este ano, para celebrar o día do libro, temos na planta baixa unha exposición relacionada co noso proxecto: a arquitectura. Está sendo bastante visitada tanto polo alumnado como polas familias que se achegan para "construír" un rato xunt@s.
31/3/17
INTERIORISTAS
O alumnado de 1º estivemos a traballar como interioristas co novo mobiliario da Biblioteca, aquí tendes os nosos deseños e como os levamos a realidade.
MAIS ANIMAIS CONSTRUTORES
Os de segundo fixemos un mural coa nosa investigación sobre as casas dos animais, para superar outro reto de Beretiño na procura de dez palabras novas.
ANIMAIS CONSTRUTORES
O alumnado de sexto preparou este libro sobre os animais e como constrúen a súa casa.
ANIMAIS CONSTRUTORES by ceipalexandreboveda on Scribd
21/3/17
CONSTRUÍNDO POESÍA: CALIGRAMAS E POESÍA VISUAL
Durante toda esta semana e a seguinte, para
conmemorar o Día da Poesía estaremos a
traballar sobre caligramas e poesía visual.
Xa temos o noso recuncho de presentación cos libros
escollidos para que alumnado e profesorado poidan mergullarse na “plasticidade”
da poesía.
17/3/17
ROSALÍATE
A Caracola Tola fixo unha adaptación da proposta da AELG #ROSALÍATE para o cole... esperamos vos guste.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











