Durante este curso estamos traballando o P.D.I (Proxecto Documental Integrado) coa temática:
OS BURACOS
Este termo é entendido como un amplo concepto de
diferentes elementos como son os buracos naturais, os buracos feitos polo home,
os buracos dos animais e das plantas, chegando á filosofía dos buracos, así como os
buracos ordinarios e extraordinarios.
A nosa BIBLIOTECA convertirase nun
“espazo cheo de
buracos interesantes e extraordinarios por descubrir”
Polo 50 aniversario das Bibliotecas de Redondela, os alumn@s de 3º e 4º curso deleitáronse coa actuación do grupo "TROPA DE TRAPO". A actividade tivo lugar no auditorio do Piñeiral do Crego da parroquia, e celebrouse o 17 de outubro, data sinalada pola ONU como o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. A actuación levou á reflexión e debate sobre esta temática dun mundo globalizado e inxustamente repartido.
Polo Samaín e Halloween tivemos unhas recomendacións lectoras que meteron medo, ademais, desfrutamos duns contacontos en inglés da nosa auxiliar de conversa, Edel.
SE AVENTURAS MARABILLOSAS QUERES VIVIR…DENTRO DO BURACO DEBERASTE INTRODUCIR!
Levamos unhas semanas con moitas intrigas no noso cole. Recibimos unha mensaxe da nosa mascota, a Caracola Tola e puxémonos a investigar …
Tras moitas pistas non nos podíamos nin imaxinar a sorpresa que tivemos o día 24 de outubro…A Inauguración da nosa Biblioteca Escolar cun contacontos do libro “Alicia no país das marabillas”. Metímonos nun buraco para escoitar e ver a maxia da historia de Alicia...