19/1/19

BURACOS NATURAIS

Durante o primeiro trimestre estivemos traballando OS BURACOS NATURAIS, a través das covas, fracturas, buracos volcánicos, buracos na auga e buracos no espacio.

Estes son os traballos cos que fixemos 
o mural conxunto do proxecto BURACOS 
no noso cole.









11/1/19

AGASALLA GALEGO

Antes das vacacións do Nadal, dende os departamentos de Dinamización Lingüística, Biblioteca e Tics enviamos unhas recomendacións lectoras ás familias.
Aquí están os recursos de AGASALLA GALEGO!





10/1/19

NOVIDADES XANEIRO

Xa están as novidades deste mes de xaneiro.

...Paseniño, paseniño...Elisa no mundo das marabillas... Bat Pat Una fierecilla indomable...Los Goonies...¿Qué le pasa a Uma?... 

Pásate pola Biblio para descubrilas!


24/11/18

OS BURACOS

Durante este curso estamos traballando o P.D.I (Proxecto Documental Integrado) coa temática:

  OS BURACOS

Este termo é entendido como un amplo concepto de diferentes elementos como son os buracos naturais, os buracos feitos polo home, os buracos dos animais e das plantas, chegando á filosofía dos buracos, así como os buracos ordinarios e extraordinarios.



A nosa BIBLIOTECA convertirase nun  
“espazo cheo de buracos interesantes e extraordinarios por descubrir”

22/11/18

NOVIDADES DE NOVEMBRO

Xa están aquí as novidades do mes de novembro! Pásate pola Biblio para coñecelas!


14/11/18

50 ANIVERSARIO DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA

Polo 50 aniversario das Bibliotecas de Redondela, os alumn@s de 3º e 4º curso deleitáronse coa actuación do grupo "TROPA DE TRAPO". A actividade tivo lugar no auditorio do Piñeiral do Crego da parroquia, e celebrouse o 17 de outubro, data sinalada pola ONU como o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. A actuación levou á reflexión e debate sobre esta temática dun mundo globalizado e inxustamente repartido.


11/11/18

LECTURAS TERRORÍFICAS

Polo Samaín e Halloween tivemos unhas recomendacións lectoras que meteron medo, ademais, desfrutamos duns contacontos en inglés da nosa auxiliar de conversa, Edel.