12/2/19

NOVIDADES DE FEBREIRO

Aquí están as novidades do mes de febreiro. Títulos como: "El valle de los dragones IV", "Pipi mediaslongas embarca", "Cazar un bosque, pescar un mar","Pepita es especial"....
Ademáis, unha gran selección de clásicos en lingua inglesa.

Pásate pola Biblio! 



CONCURSO ADIVI-PATIO

O concurso de Adivi-Patio xa rematou...Agora estamos co reconto para averiguar os gañadores....

Quenes serán os afortunados?






1/2/19

REALIDADE AUMENTADA

Na hora semanal da Biblioteca, os rapaces de 4º puideron desfrutar de dous libros de realidade aumentada coas aplicacións nas tabletas.
Unha experiencia alucinante cos dinosaurios e o sistema solar.



RECREOS NA BIBLIO

Os recreos na Biblio son divertidos: preparamos murais, participamos no concurso Adivi-Patio, ordenamos os libros nos andeis e facemos préstamos e devolucións de libros. Os axudantes de 5º e 6º  aprenden a utilizar o programa Meiga para prestar os libros os compañeiros do cole. 
Ademais...descubrimos tódalas novidades do mundo dos libros.




29/1/19

RECUNCHO DA PAZ

Este é o noso recuncho con libros sobre a Paz. Son libros seleccionados sobre a liberdade, o compañeirismo, tolerancia, igualdade...Títulos como: "En la unión está la fuerza", "Por cuatro esquinitas de nada", "Wangari", "A pomba dona paz", "Negros e brancos"...

Pasade pola Biblio!


28/1/19

ADIVI-PATIO

A Caracola Tola deixou unha mensaxe en cada clase. Hai un concurso de adiviñas chamado...
ADIVI-PATIO! Participa!




25/1/19

ESCALEIRA DA PAZ

Xa estamos preparándonos para o Día da Paz. Desde a Biblioteca traballamos os poemas da paz do libro "Versos da tarde Laranxa" da escritora Ana María Fernández.
Entre todas as clases de Primaria escribimos uns versos do poema "Escolle a paz" nas escaleiras do noso cole. 

Así de bonita está!