13/3/19

VISITA DE ABRAHAM CARREIRO

Hoxe tivemos a sorte de contar co autor e ilustrador 
Abraham Carreiro

Presentounos o seu libro "Xoeliki. Os ordenadores secuestrados. As aventuras dun ciberpirata" da editorial Moito Conto.


Desfrutamos das súas ilustracións ao tempo que contaba as características de cada personaxe do seu libro. Aprendimos as técnicas artísticas para elaborar un personaxe con diferentes emocións: enfadado, contento, malvado... 
O libro foi lido dende as titorías nos cursos 5º e 6º de Primaria dentro do Itinerario Lector.

Foi unha experiencia ciberpirata xenial!





Aquí está o vídeo da visita de Abraham Carreiro:





12/3/19

AGASALLOS ADIVI-PATIO

Hoxe tivemos a entrega de agasallos do 1º concurso Adivi-Patio. 
Os axudantes de Biblio, Laura e Alonso, entregaron un maracapáxinas a tódolos participantes. Para os gañadores houbo un regalo moi especial: un lápis da nosa Biblio! 

PARABÉNS!


Aquí está a entrega de agasallos!


A Caracola Tola está moi contenta e comezaremos un novo concurso moi pronto. 

Participade!

25/2/19

SONS DE ROSALÍA

             A Caracola Tola convidounos hoxe a pasar un recreo diferente. A Biblioteca trasladouse á entrada do cole. Tivemos unha actividade de recitado de poemas de Rosalía de Castro levada  a cabo polo Equipo de Biblio. Para acompañar tan bonito momento, deleitounos Ángela con música ambiente en directo co seu contrabaixo.



        Despois de escoitar os poemas recitados, tivemos un agasallo moi especial: os poemas en diferentes cores para que queden no noso recordo e pensamento.....coma os sentimentos expresados nos versos da nosa querida Rosalía.








Aquí está o video de SONS DE ROSALÍA:



Mural realizado por tódolos alumn@s do cole: BURACOS NA ALMA.








17/2/19

ROSALÍA DE CASTRO

Xa temos unha selección das mellores obras da nosa querida Rosalía de Castro. Busca o recuncho na Biblio de Caracola Tola e desfruta dunha das mellores autoras da nosa terra.







12/2/19

NOVIDADES DE FEBREIRO

Aquí están as novidades do mes de febreiro. Títulos como: "El valle de los dragones IV", "Pipi mediaslongas embarca", "Cazar un bosque, pescar un mar","Pepita es especial"....
Ademáis, unha gran selección de clásicos en lingua inglesa.

Pásate pola Biblio! 



CONCURSO ADIVI-PATIO

O concurso de Adivi-Patio xa rematou...Agora estamos co reconto para averiguar os gañadores....

Quenes serán os afortunados?






1/2/19

REALIDADE AUMENTADA

Na hora semanal da Biblioteca, os rapaces de 4º puideron desfrutar de dous libros de realidade aumentada coas aplicacións nas tabletas.
Unha experiencia alucinante cos dinosaurios e o sistema solar.