“Nacín en 1632, na cidade de York, dunha boa familia, aínda que non da rexión, pois o meu pai era un estranxeiro de Brema que, inicialmente, asentouse en Hull”. Así é como empeza Daniel Defoe a súa inesquecible historia Robinson Crusoe, e só con esas palabras déixanos saber quen é o protagonista e cales son as súas orixes. Non hai dúbida de que unha das claves para que unha historia engánche son os detalles.
Robinson Crusoe é unha desas novelas clásicas e extraordinarias que todos debemos ler. É unha autobiografía ficticia, porque Robinson Crusoe non existiu, pero está inspirada na vida de alguén que si existiu: Alexandre Selkirk, un mariñeiro escocés que quedou perdido nunha remota illa do Pacífico fronte á costa de Chile. Tamén é un libro moderno porque nos fala do colonialismo, da emigración, dos refuxiados, da escravitude e do confinamento... nunha illa perdida no medio do mar.
Na novela, Robinson Crusoe embárcase para facer fortuna, pero en metade da viaxe captúranno uns piratas e convértenno en escravo. Consegue escapar e un capitán portugués axúdalle a viaxar a Brasil. No curso das súas viaxes ten un naufraxio e só sobrevive a el logrando chegar a nado a unha illa deserta. Ou non tan deserta, porque ao cabo dun tempo de estar alí descobre que esa illa é un lugar de peregrinación para unha tribo caníbal. Durante unha das visitas desta tribo caníbal, Robinsón logra liberar a un dos seus prisioneiros, ao que chama Venres (porque o rescatou un venres), e este convértese no seu fiel compañeiro. Xuntos organizan a súa supervivencia e acaban montando unha granxa.
Robinsón pasa na illa preto de 30 anos e logra saír cando outro barco inglés, que tamén estaba a buscar escravos, o rescata e o axuda a chegar a Inglaterra. Robinsón vive uns anos en Inglaterra pero ao final decide volver á illa onde se perdeu e organizar alí un pobo. Claro, pois cando estás cos teus amigos estás menos perdido.
Este é un libro que podes atopar en moitos formatos, dende o comic ata a edición xuvenil. Anímote a que lle des unha oportunidade!
E ti? Que tal estás ti na túa illa perdida durante estas semanas que dura o confinamento? Que historias liches que che fixeron sentir como un Robinson Crusoe? Cóntamo nos comentarios.
2/5/20
23/4/20
A pousada do almirante Benbow

Este ano, o Día do Libro amenceu tan bonito! Temos luz e sol e todo un día enteiro para pensar nos libros que máis nos gustan.
Pero, como é que celebramos o Día do Libro? Pois déixame que cho conte. Resulta que en 1988, a UNESCO, que é unha axencia das Nacións Unidas que traballa coa educación, a ciencia e a cultura, escolleu un día para celebrar os libros e os dereitos dos autores e como ao longo da historia moitos autores habían nado ou morto no mes de abril, pois escolleron o día 23 de abril. Así de simple!
Agora vou contarche que libro vou ler eu hoxe. Estes días atopei a miña copia da Illa do Tesouro, escrita por R. L. Stevenson. A Illa do Tesouro é unha novela de piratas publicada en 1883. De feito, é “a” novela de piratas. Vou visitar aos meus vellos amigos de hai tantos anos. O mozo e valente Jim Hawkins, que en ningún momento esquece o valor da amizade. O vello e astuto capitán John Silver o Longo, que é capaz de enganar a quen sexa necesario para lograr recuperar o seu tesouro. Por certo que debía de ter unha bonita voz, porque todos os outros mariñeiros pídenlle que cante e así aprendemos a Canción dos Quince Homes.
Direiche unha cousa, todos os piratas que viñeron despois aprenderon como ser piratas estudando as leccións o Capitán John Silver o Longo. Todos!, dende Jack Sparrow ata o Capitán Capitán Pirata. Tamén vou sorprenderme outra vez do crédulo que é o señor John Trelawney, que se cre todo o que lle conta John Silver o Longo e termina por contratar para o seu barco unha tripulación enteira de piratas… e nin se dá conta. Pódelo crer?
Que libro vas ler ti este Día do Libro? Se me deixas un comentario dicíndome que libro vas ler hoxe, entón eu tentarei de atopar unha copia para lelo eu tamén.
17/4/20
VERSOS VICEVERSOS
Ola nenas e nenos!!!!!
Son o Beretiño. acordádesvos de min??? Pois eu tamén estou na casa, esperando que pase todo esto e xa teño moitas ganas de volver a vervos. Como penso tanto na escola, fixen unha actividade para entretervos estes días... pero sen presa.. podedes facelo con calma, nas próximas dúas semanas... A actividade que vos propoño e sinxeliña... Trátase de que fagades un debuxo, propóñovos esto porque sei que sodes uns grandes artistas. O debuxo ten que ser sobre o poema de Antonio García Teijeiro que se chama: "PASO EL TIEMPO CONTANDO DE NOCHE LAS ESTRELLAS", podedes velo no vídeo que se adxunta o final.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR e mandar as vosas creacións o correo do cole: ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.es.
Son o Beretiño. acordádesvos de min??? Pois eu tamén estou na casa, esperando que pase todo esto e xa teño moitas ganas de volver a vervos. Como penso tanto na escola, fixen unha actividade para entretervos estes días... pero sen presa.. podedes facelo con calma, nas próximas dúas semanas... A actividade que vos propoño e sinxeliña... Trátase de que fagades un debuxo, propóñovos esto porque sei que sodes uns grandes artistas. O debuxo ten que ser sobre o poema de Antonio García Teijeiro que se chama: "PASO EL TIEMPO CONTANDO DE NOCHE LAS ESTRELLAS", podedes velo no vídeo que se adxunta o final.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR e mandar as vosas creacións o correo do cole: ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.es.
Unha aperta moi forte e moitísimo ánimo!!!!
#xuntospodemos
#todovaasalirbien
MOITOS, MOITOS BICOS!!!!!!!
16/3/20
Unidos ante o covid_19
Ola amigxs!!
Dado que estamos a vivir unha situación moi excepcional, anímovos a todas e todos a participar nesta iniciativa tan bonita. Facede nas vosas casas un arco da vella da esperanza, debuxos de agradecemento a todo este colectivo que está dando todo para que poidamos superar esta situación o antes posible e todo o que se os ocorra, utilizando os materiais que queirades, dándolle renda solta a vosa imaxinación. Xuntos podemos superala. Despois podedes colgar os vosos debuxos nas ventás, para así sentirnos menos sós estes días que non vamos a poder saír da casa.
Esperamos as vosas obras de arte no correo ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.es para subilos o Twitter. Un pequeno xesto pode facer que todo esto se leve mellor.
PARTICIPA!!!
#todovaairbien
Dende aquí deixamos algún exemplo que xa nos foi chegando por iniciativa propia. Gracias a Desi e Borja de 6º de Educación Infantil e a profe Cris, de 4 anos que xa nos mandaron as súas aportacións.
#xuntospodemos
11/3/20
OUTRO NOVO RECUNCHO EMPEZA!
Boas lectoras e lectores!
Esta semana comezou a funcionar un recuncho no que o profesorado e mais eu, a vosa Caracoliña, levamos moito tempo traballando e que estamos seguros que vos vai encantar...
O LEGO RECANTO!!
O primeiro que fixemos foi a "Formación de usuari@s" para saber cómo comportarse no novo recuncho... é moi importante saber utilizar e coidar os novos materiais do cole antes de empezar a empregalo.
No recanto de Lego todo o alumnado terá o seu carnet que irase coreando a medida que completen os retos con dous niveis de dificultade, un para infantil e outro para primaria.No primeiro reto que moitos de vos xa conseguíchedes acadar (como podedes ver nas seguintes fotografías) había que crear figuras (en infantil) e o voso nome (en primaria)... a verdade que os resultados foron impresionantes así que noraboa a todxs!!
E agora a polo segundo reto!!
Saúdiños mariños da Caracola Tola!
10/3/20
NOVAS ACTIVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA
Boas lectoras e lectores!
Aunque a nosa Biblioteca todavía non está inaugurada si que está en pleno funcionamento e estes días non para de recibir visitas!
Aunque a nosa Biblioteca todavía non está inaugurada si que está en pleno funcionamento e estes días non para de recibir visitas!
A semana pasada celebramos o día de Rosalía cunha visita á Biblioteca Xela Arias de Chapela onde fixemos un montón de actividades que podedes ver na súa páxina de facebook ou no seu blogue (http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2020/02/homenaxe-rosalia-de-castro-na.html). Ademais ao día seguinte inauguramos os nosos famosos RECREOS MUSICIAS, esta vez coa actuación de 1º e 4º de primaria que cantaron o poema de Rosalía de Castro "Como chove miudiño" musicalizado por Uxía Senlle no seu libro "Rosalía pequeniña".
Pouco despois inauguramos o novo RECUNCHO DE IGUALDADE no que moitos de vos xa pasades os recreos. A verdade é que luce fermosísimo grazas a colaboración de "Animosa" unha empresa de Vigo que pintou as mulleres escollidas polas diferentes clases do cole.
Ademais, o venres pasado realizaron dous obradoiros nos que mostraron o seu traballo e ensinaron algunhas das mulleres máis importantes da historia. Podedes ver un resumo no vídeo de Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/sociedad/2020/03/07/rincon-violeta-leer-igualdad/2258832.html
Ademais, o venres pasado realizaron dous obradoiros nos que mostraron o seu traballo e ensinaron algunhas das mulleres máis importantes da historia. Podedes ver un resumo no vídeo de Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/sociedad/2020/03/07/rincon-violeta-leer-igualdad/2258832.html
Pronto poderedes ver o meu novo aspecto e outros recunchos que pouco a pouco van collendo forma, mentres tanto...
Saúdos mariños da vosa Caracola Tola!
20/12/19
AGASALLA EN GALEGO
Bos días!
Xa temos unha nova edición do "Agasalla galego" porque sempre é un bo momento para regalar cultura e nestas festas un chiquiño máis... ;)
Recomendamos algunhas das novidades de música galega para adultos como: Guadi Galego (Inmersión), Tanxugueiras (Contrapunto), A banda da loba (Fábrica de luz), M.J. Pérez (Casandra)...
- O veleiro verde: A familia María Fumaça inicia unha nova viaxe nun veleiro verde coas bodegas ateigadas de amizade, cariño e cancións para compartir de xeito inclusivo. O noso capitán Ruí vai medrando, e con el a nosa ollada do mundo e da música: integradora, variada e intercultural.
Libro- cd (música)
- A nena e o grilo mais aló: Pódense cazar as
estrelas fugaces? Aos esqueletos
préstalles bailar? Ti que cres? Atrévete a descubrilo nesta nova aventur de A
nena e o grilo máis aló. Desta volta, entre medos e risas, o teatro musical
mergúllanos na maxia da fantasía.
Libro- cd (música)
- A casa do terror: A casa do terror
ten a porta aberta para ti!. Está chea de monstros e pantasmas que te sacarán a
bailar e te farán rir e desfrutar. Ten coidado porque non desexarás saír desta
aventura. Un libro-cd para gañar e facer uns amigos de medo!!
Libro- cd (música)
- Bravas. O rexurdir da luz! (Libro- cd): A infame dona Trona é feliz se ti estás triste, ou tes medo, ou te anoxas... poderán as Bravas derrotala e traer o rexurdir da da luz ao mundo? A Gramola Gominola conta a ritmo rock and roll como enfrontarse ao abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións. Mulleres bravas que inspiran e dan luz ao mundo!
Libro- cd (música)
- A fraga do meu avó: A fraga do meu avó está chea de árbores, animais e vida, pero agora vese rodeada de eucaliptos e de xente que tenta cortala. Para concienciar da problemática dos bosques autóctonos e dos espazos naturais, nace este traballo, cheo de poesía, música e ilustracións para chegar ao corazón de todos e todas para que os nenos e nenas sigan gozando de espazos de vida como este. Espazos que tan ben coidaron os noso avós.
Libro- cd (música)
- Ola! Son un bicho bóla: Ola! Son un bicho
bóla! É un libro para prelector*s e primeir*s lector*s, para explorar a soas ou
ler xunt*s. Un libro para rir e descubrir as habilidades dos bichos bóla que
viven ao redor do mundo.
Pre- lectores (Infantil)
- Atópame no mar: Quen está detrás das algas? Coñece os animais que viven no mar deplegando solapas. Pertence a unha colección de libros baseados en escenarios naturais que descobren o mundo animal aos máis pequenos a través de preguntas, coridas ilustracións e sorprendentes solapas.
Pre- lectores (Infantil)
- O acuario : Era unha vez un acuario e os seus habitantes, todos iguais, todos distintos. Un mundo pequeno, mais con problemas, onde transcorre esta historia sinxela e ben escrita sobre diferenzas, prexuízos, axuda. Un conto ilustrado e de éxito moi coñecido entre os máis novos.
Primeiros lectores
- As aloucadas historias dos Monkis: Ir de vacacións, conseguir algúns libros ou tocar o
piano poden chegar a se converter nun auténtico pesadelo para a familia Monki.
As súas aloucadas ideas farán que Musa, a súa mellor amiga, lles faga aprender
a pensar e a resolver os seus propios problemas.
Primeiros lectores
- O can de Milú: O amor polos animais, a amizade incondicional ante as adversidades e, sobre
todo, a liberdade son as cualidades sobresaíntes na obra distinguida co XII
Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. «O can de Milu», de Mariann
Máray, é a historia dunha nena e da súa peculiar mascota, que se converte no
seu gran compañeiro de xogos e de diversión. O intenso e abundante colorido das
ilustracións transpórtanos dende o bosque á cidade, pasando polo fogar, coa
natureza como destino e espazo de reflexión e de liberdade. Son imaxes cheas de
detalles, cercanas á estética naíf e ao mundo da infancia, que xogan de xeito
audaz cos contrastes cromáticos.
Lectores autónomos
- As pitas baixo a choiva: As pitas baixo a
choiva é un relato breve que narra un feito anecdótico da infancia do autor.
Descobre o neno desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar e el
téntaas facer entrar ó galiñeiro; elas asústanse e, ao final, todos os membros
da familia acaban mollados como pitos. Publicado na revista Lar en 1952, a presente
edición é a primeira desta obra de Carvalho Calero en formato de libro.
Lectores autónomos

- A que cheiran as cores. A esperada guía para coñecer
o cerebro: Es quen de mover cousas coa mente? A que sabe a cor
azul?Pareceríanos normal escoitar estas preguntas nunha conversa entre
HarryPotter e os seus colegas. Mais Juan Casto Rivadulla Fernnández nunca estivo
en Hogwarts. É un neurocientífico galego que responde estas cuestións tan
disparatadas mentres nos explica, dun xeito divertido e sinxelo, o
funcionamento do cerebro.
Lectores expertos
- Os ecos do lume :Noa ten doce anos e parece que o único que lle importa
é Internet e o que pensan dela os seus compañeiros do instituto. Pero iso vai
cambiar. Durante un terrible incendio perderá o seu irmán pequeno nunha mámoa,
que en realidade é o acceso ao incrible mundo Introterrestre. E isto é o
principio. Irá na procura do cativo e poñerá en risco a súa vida con tal de
axudalo. Descubrirá que existen eirugas coma coches e tartarugas coma montañas.
Aprenderá que nese mundo de seres estraños ela é o monstro. Será consciente do
dano que lle fan os humanos á Terra, e por que son odiados naquel mundo
subterráneo. Enfrontarase ao Gardián da luz ancestral e resolverá o secreto
misterio dos ecos do lume.
Lectores expertos
- Os nosos bosques: Libro cartoné gran formato con 5 ilustracións en
acuarela nas que resaltamos 10 especies de cada un dos ecosistemas nomeados.En
“Os nosos bosques” as fermosas ilustraciónsamósannos a riqueza de vida que agochan os diversos
bosques galegos, invitándonos a esculcalas
e coñecermos as fragas
atlánticas, as devesas luguesas, as carballeiras e soutos repartidos polo
territorio… para descubrirmos a realidade que cubre boa parte do país.
Lectores adultos
Esperamos que disfrutedes das lecturas e das vacacións... boas festas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














