9/5/23

SEMANA DO LIBRO 2023

 A semana do libro está chea de actividades para desfrutar! Onte, dende a biblioteca da Caracola Tola propúxose a caracterización do noso personaxe de libro favorito.

  Mirade que abanico de personaxes!





Conta a lenda que san Jordi matou un dragón empregando a súa espada e do sangue que se derramou brotou un rosal con flores vermellas.
A cativada do Angorén facendo uso desta lenda, púxose mans a obra e crearon rosas cunha mensaxe para regalar a quen quixesen!!




DÍA DA POESÍA

 O 21 de marzo celebramos o Día da Poesía.

O alumnado do centro foi partícipe en numerosas actividades ao redor da poesía. Non só lemos e recitamos poemas, tamén inventamos, creaMos e ilustramos!

E ben aproveitamos a radio para recitar os poemas en directo.


Aquí deixamos pequenas mostras do proceso de diferentes grupos.

 
 







8 DE MARZO NA BIBLIOTECA

 Esta semana, co motivo do Día da Muller, a biblio da Caracolatola encheuse dun espírito de reivindicación da igualdade entre homes e mulleres, entre nenos e nenas. 

Na biblio puidemos aprender moito sobre a historia e o significado do 8M, así como continuar descubrindo referentes femininos con xogos de mesa. Un material fantástico de lapizele.




Ademais, o equipo de biblio organizou lecturas de historias de mulleres pioneiras que abriron o camiño en moitos ámbitos da sociedade, loitando e defendendo os dereitos das mulleres.





19/12/22

Contacontos "Ciudad Riquísimo"

 Hoxe tivemos a visita de Andrés , o autor do conto “Ciudad Riquísimo”.

Contounos a historia con moita ilusión, aprendendo a importancia do respecto cara a diversidade e todo o que podemos facer por axudar.



                    Despois puxemos en práctica algunhas das dificultades que tiñan as persoaxes do conto e como axudarnos entre todxs: sen ver como a albóndiga Dina, cunha soa perna como a patinadora Pipa ou sen brazos para nadar. Un conto con moito trasfondo e cheo de maxia a través dos alimentos e do seu protagonista Espagueti Pepi 



"PIDO, PIDO...CON SENTIDO"

 "PIDO, PIDO...CON SENTIDO"

Hoxe , aproveitando que se achega a época de nadal tivemos unha charla e un obradoiro de consumo responsable.

Dende xs máis pequenxs xs máis maiores aprendimos a diferenciar un xoguete daqueles outros produtos que, aínda que parecen xoguetes, non o son. Analizamos os envases e as etiquetas dos xoguetes, identificando as pautas de seguridade para facer un uso responsable dos xoguetes.







15/11/22

SAMAÍN - HALLOWEEN 2022

 A CaracolaTola propuxo unhas recomendacións terroríficas para estas festas!!

Atentos e atentas aos libros que saen do caldeiro e ascenden como burbullas!!




DÍA DAS BIBLIOTECAS 2022

O 24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS, foi un día moi especial no noso cole, xa que inauguramos a Bilioteca da Caracolatola para este curso escolar 2022-2023.


Todo o alumnado aproveitou a xornada para descubrir os rincóns da nosa biblio. Libros, libros e máis libros... Pero tamén ordenadores para buscar información, legos e robots, xornais, espazo sensorial e moito máis!


Na biblioteca apareceu unha cesta MasterCeip misteriosa cun candeado... menos mal que temos un alumnado que é quen de enfrontarse e superar todos os retos...conseguimos o código, abrimos a cesta e atopamos un montón de vitaminas de lectura!!


Agora seguro que temos enerxía dabondo para ler!!