17/3/24

Contacontos con Sabela Gago

 Boas!

O pasado mércores viu a nosa biblioteca Sabela Gago de https://sarabelateatro.com/es/quen-somos/ficha-tecnica/.

O alumnado gozou moito con ela, así que moitas grazas á artista e a Pablo de Santillana por facelo posible... agardamos que nos acompañe máis veces na Biblioteca Ernestina Otero!


Con Educación Infantil



Con 1°, 2° e 3°EP

Con 4°, 5° e 6° EP 

E aquí unha pequena mostra no seguinte vídeo:

8/3/24

Unha semaniña enteira con Rosalía

 Bos días!

A semana pasada estivemos celebrando no cole o "Día de Rosalía" facendo unha adaptación da proposta dos IES de Redondela "Unha semaniña enteira".


Así, cada día o alumnado deste colexio dramatizou, cantou e recitou a obra da importante literata e a biblioteca contribuíu como escenario e aportando recursos para o seu traballo.




E aquí un vídeo resumo das marabillosas actuacións do noso alumnado e as creacións dos maiores do cole (click enriba para visualizar):

 
Vídeo- resumo de todas as actuacións (Infantil e primaria)

 
 5°EP: "Caldo de Gloria"

 
6°EP: "Rosalía pasado, presente e futuro". Biografía

29/2/24

Visitas literarias

 Ola!

A semana pasada a Biblioteca Ernestina Otero recibiu dúas visitas abraiantes: Inma Soto Iglesias e Polo Correo do vento.

A primeira é a autora do itinerario lector de Educación Infantil, Xela a superheroina de aldea que deu moito xogo fóra e dentro da aula e co que o alumnado máis cativo do cole gozou moito... moitas grazas a súa autora por traernos un contacontos tan chulo!





E tamén nos visitaron os nosos grandes amigos de Polo Correo do vento que xa estiveron varias veces no centro e nunca defrauda.

Esta vez visitaron ao alumnado máis maior do centro (5° e 6° de Educación Primaria) para ensinarlles da súa forma tan particular e amena datos sobre a pintora Maruja Mallo.

O alumnado pasouno estupendamente así que moitas grazas Enrique Mauricio e Tania Solla   por visitar a nosa biblioteca. 




Ata pronto!

22/2/24

Solicitamos a vosa colaboración familias!

 Boas familias!

Durante este curso escolar seguimos participando nalgúns programas de biblioteca interesantes como son "Lecturas e familias" e "Biblioteca Creativa",ademais de sumarlle algún novo como "Donas de sí". 

Do primeiro xa tivemos algunhas charlas no primeiro trimestre e, ainda que todavía temos algúns autoras e autores por confirmar, podemos adiantarvos que tamén virán a estar con vós "Polo correo do vento" e Estefanía Padullés... esperamos anuciar as datas moi pronto!

E en canto a "Biblioteca Creativa" durante este curso desevolveremos diferentes obradoiros para o que pedimos a vosa colaboración:


O primeiro obradoiro corre por conta nosa e enmárcase dentro do concurso que convoca "Donas de sí" xa que, elaboraremos un cartel  para celebrar o día da muller traballadora, farase durante este mes no Recuncho de igualdade da Biblio. Pero iso non é todo, xa que convocamos un concurso tamén para vós e que fagades carteis relacionados co 8m para facer unha exposición no centro... todos os participantes terán un pequeno agasallo!

Tedes toda a información no seguinte cartaz:

Esperámosvos na biblioteca!

15/2/24

E volven os biblio- recreos!

Tras o éxito noutros cursos recuperamos os biblio- recreos. Nestes o alumnado escolle a alternativa que máis lles gusta para realizar no seu tempo de lecer e... son todo un éxito!


O alumnado ven a xogar con Lego e a relizar os retos que se lles propoñen, explorar recursos sensoriais como a mesa de luz, e unha selección de xogos de robótica e como non... con propostas lectoras para que coñezan diferentes autores e fondos da nosa biblioteca. 






A primeira exposición de animación a lectura está adicada a Miguel López (El Hermatocrítico), sumándonos á iniciativa das Bibliotecas Municipais de Redondela. Este autor que, tristemente deixounos este ano, ten unha marabillosa obra digna de ser homenaxeada e seguro que o noso alumnado gozará moito dela, ademáis esta exposición será complementada cunha actividade de contacontos para o alumnado máis cativo do centro.


Canta diversión agochan as bibliotecas e especialmente a de Ernestina Otero do CEIPP Alexandre Bóveda!

14/2/24

Entrega das mochilas viaxeiras

Moi boas! 

Xaneiro veu cargadiño de novidades e outras cousas que xa son tradición na nosa escola, como  é a entrega das mochilas viaxeiras a todas as aulas.

Os axudantes da biblioteca (alumnado voluntario de 5º e 6º de primaria) repartiron polas aulas as mochilas que teredes unha semana na vosa casa e nas que se inclúen fondos seleccionados para cada nivel de narrativa e poesía, a revista escolar do pasado curso e un xogo en familia.



Este é o contido das mochilas viaxeiras deste curso: https://drive.google.com/file/d/1dkF72Sc94-aD4uTX3cfmjNBdylY36s0R/view?usp=sharing

Agora a ler e xogar en familia e acordádevos de escribir a pequena composición para logo ler na aula cos outras compañeiras e compañeiros... a disfrutala!

13/2/24

A biblioteca día a día

Seguimos mostrando o funcionamento da biblioteca no centro!

Durante este curso volveuse a poñer en funcionamento o voluntariado na biblioteca, isto consiste en que algunhas alumnas e alumnos de 5º e 6º de primaria deciden invertir un recreo á semana a vir axudar a biblioteca. Entre as súas tarefas inclúense axudar a introducir todos os fondos no novo programa de xestión de bibliotecas, manter a biblioteca ordeada, axudar a controlar e promover os recursos da biblioteca durante os biblio- recreos...


Ademais, como todos os cursos, o alumnado vai dar unha ou varias sesións na biblioteca nas que gozan de todos os recursos que lles ofrece este espazo. Nesta clase realizan diferentes propostas do Equipo de biblioteca, fan préstamo ou cambian as súas bibliotecas de aula... ou calqueira outra idea que se lles ocorra as persoas titoras. 




A biblioteca Ernestina Otero sempre en funcionamento!