16/5/24

Espallar tinta, Lectura na rúa

 Ola!

Á biblioteca Ernestina Otero gústanos apoiar as iniciativas doutras bibliotecas e por iso, outro ano máis, participamos na feira "Espallar tinta " (organizado polo CEIP de Cedeira) e a xornada de "Lectura na rúa" (organizado pola biblioteca do CEP Santa Mariña).

Estas experiencias  son motivadoras e significativas para o alumnado posto que coñecen nenas e nenos doutros centros compartindo lecturas e creacións escritas así que... moitas grazas aos centros organizadores por convidarnos!



Stands de 1° ciclo e Infantil de "Espallar tinta"



Alumnado de 2° e 3° compartindo lecturas en "Lectura na rúa"

13/5/24

Premios concursos de Radio!

 Moi boas!

Estas semanas entregáronse os premios dos concursos de Radio Beretiño dentro do plan Radio na biblio:






Para iso, 5° e 6° de primaria tiveron que facer o reconto e revisión das papeletas do concurso e preparar os agasallos:



E así de felices quedaron as afortunadas e afortunados do resto de grupos! Noraboa ás premiadas e premiados!


9/5/24

Biblio creativa: primeiros obradoiros!

Boas!!
Este curso repetimos no programa "biblio creativa " na que o alumnado desenvolve diferentes dotes artísticas. 
Ls primeiros obradoiros que realizaron son os seguintes:

- MÁNDALAS DE LÁ ("Landalas"): Alumnado de Educación Infantil e primaria coa profe Maribel 


- PATCHWORK: Alumnado de educación Primaria coa profe Elena.

Saúdos!

8/5/24

Retos Lego!

Moi boas!

Algunhas nenas e nenos atrevéronse cos retos Lego que lles propoñémos facer nos recreos!


Pronto recibiredes un agasallo por cooperar coa biblioteca! Saúdiños!










30/4/24

Abril, mes do libro

Ola!

Durante este mes estivemos celebrando "Abril, mes do libro" coa volta dos recreos musicais e con horas de ler de contacontos de 5° e 6° de primaria pola radio escolar.

Podedes escoitalos indo ao final desta entrada:

Ademais, como colofón  celebramos o día do libro coa "Ruta literaria" realizada polo alumnado de 6° de primaria (en clase de valores) e do Equipo de biblioteca. 
A iniciativa foi todo un éxito xa que o alumnado gustoulle moito poder escoller o conto ao que quería ir dos seis simultáneos que había:


Aquí un resumo fotográfico do evento... noraboa ao alumnado de 6°!:



29/4/24

Recreos musicais

E seguimos coas actividades de "Abril, mes do libro"!

Ademáis, dos contacontos nas horas de ler (os martes e mércores) neste mes volve un clásico da nosa biblioteca... os recreos musicais!

Nestes no que o alumnado que quere (e sabe música) deleita as súas compañeiras e compañeiros nos primeiros minutos de recreo.



Moitas grazas a todos os artistas, encántanos ter a nosa biblioteca tan chea de vida!. A continuación un pequeno resumo das actuacións:

26/4/24

Novedades nos biblio- recreos!

 Ainda que a biblioteca estivo moi atarefada no mes de abril, non parou  de preparar actividades como as de dinamización dos recreos. 

Desta forma,  o alumnado contou cun novo reto lego, novas recomendacións lectoras (adicadas ás autoras que nos visitarán en breves co programa "Lecturas e familias") e con novos xogos de mesa que estimulan o desenvolvemento e aprendizaxe da lingua galega... animádevos a vir probalos!



 
E como non, seguimos expoñendo as novidades tanto na biblioteca como nos andares do colexio para dalas a coñecer e animarvos ao préstamo! 


Esperámosvos nos recreos!