20/5/24
Festival Internacional de Títeres de Redondela
16/5/24
Espallar tinta, Lectura na rúa
Ola!
Á biblioteca Ernestina Otero gústanos apoiar as iniciativas doutras bibliotecas e por iso, outro ano máis, participamos na feira "Espallar tinta " (organizado polo CEIP de Cedeira) e a xornada de "Lectura na rúa" (organizado pola biblioteca do CEP Santa Mariña).
Estas experiencias son motivadoras e significativas para o alumnado posto que coñecen nenas e nenos doutros centros compartindo lecturas e creacións escritas así que... moitas grazas aos centros organizadores por convidarnos!
13/5/24
Premios concursos de Radio!
Moi boas!
Estas semanas entregáronse os premios dos concursos de Radio Beretiño dentro do plan Radio na biblio:

E así de felices quedaron as afortunadas e afortunados do resto de grupos! Noraboa ás premiadas e premiados!
9/5/24
Biblio creativa: primeiros obradoiros!
8/5/24
Retos Lego!
Moi boas!
Algunhas nenas e nenos atrevéronse cos retos Lego que lles propoñémos facer nos recreos!
30/4/24
Abril, mes do libro
Ola!
Durante este mes estivemos celebrando "Abril, mes do libro" coa volta dos recreos musicais e con horas de ler de contacontos de 5° e 6° de primaria pola radio escolar.
29/4/24
Recreos musicais
Ademáis, dos contacontos nas horas de ler (os martes e mércores) neste mes volve un clásico da nosa biblioteca... os recreos musicais!
Nestes no que o alumnado que quere (e sabe música) deleita as súas compañeiras e compañeiros nos primeiros minutos de recreo.
Moitas grazas a todos os artistas, encántanos ter a nosa biblioteca tan chea de vida!. A continuación un pequeno resumo das actuacións:




























