22/2/12

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA


PESCUDANDO SOBRE ROSALÍA NO BLOG DA CARACOLA TOLA E NA BIBLIOTECA


I. LUGAR E DATA DO NACEMENTO DE ROSALÍA.

II. IDADE QUE TIÑA ROSALÍA CANDO MORREU.

III. RELACIÓN EXISTENTE ENTRE ROSALÍA E O 17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

IV. NOME DOS FILLOS DE ROSALÍA E DO SEU MARIDO.

V. TÍTULOS DE DOUS LIBROS DE POESÍA DE ROSALÍA EN GALEGO E DUN EN CASTELÁN.

VI. PESCUDA NA BIBLIO O CANTO IV DE “CANTARES GALLEGOS” E COPIA UNHA ESTROFA.

VII. CITA UNHA NOVELA DE ROSALÍA.

VIII. BUSCA NA BIBLIOTECA UN EXEMPLAR DE “ FOLLAS NOVAS” , COPIA UNHA ESTROFA E DI A QUE APARTADO PERTENCE.

AÍNDA QUEDA PERO....


Aínda que queda un pouco para as letras galegas xa van aparecendo as biografías e xa chegou á nosa biblioteca unha moi amena escrita por Charo Portela , incluíndo unha antoloxía da súa obra.
Para non perderse as ilustracións de Jaime Asensi, que son moi divertidas e imaxinativas.


NOVIDADES


A familia de Román ( de 5º curso e que é moi colaborador da Caracola Tola) agasallounos co exemplar dun traballo marabilloso " OS NOMES DO MAR DE BAIONA E PANXÓN" dirixido por Xosé Lois Vilar e ilustracións de Pepe Carreiro onde é evidente o labor realizado por diferentes colectivos.
Agradecemos o agasallo e invitamos a ler este libro se queredes coñecer toponimias relacionadas co mar así como oficios, partes dun barco, ...

31/1/12

ROSALÍA DE CASTRO- ACTIVIDADE LIM

Un ano máis a nosa biblioteca quere celebrar o nacemento de Rosalía creando unha actividade para coñecela mellor.





26/1/12

PARALÁ de MERCEDES PEÓN


PARA TODA A MIÑA XENTE
PRA TODOS OS MEUS PARENTES
PRA XENTIÑA DA GHOLADA
E PRA OS DE OZA DOS RÍOS
UN SAÚDO PARA ALÁ.
PARA TODA A MIÑA XENTE
PARA TODO O MEU PARENTE
PARA A XENTIÑA DO MUNDO
PARA O MEU IRMÁN PRESENTE.
…
PRA XENTE QUE NON MARXINA
PARA OS QUE SON MUSULMÁNS
PARA OS QUE SON ORIENTAIS
PRA MIÑA XENTE AFRICANA
UN SAÚDO PARA ALÁ.
…
PRA AQUÍ, PRA ALÁ, PRA ALÁ, PRA ACÁ
E OS DE AQUÍ PRA ACOLÁ
PRA MÁIS PRA ALÁ
E OS DO BRASIL, VINDE PRA AQUÍ
QUE NÓS IMOS PRA ALÍ
E ALÉN DE ALÍ.
E O MUNDIÑO ROLA, ROLA
E ASÍ ANDA, E ASÍ ANDA
E ASÍ ANDA, E ASÍ ANDA
CANTA RAFA O MEU IRMAO
E ASÍ ANDA, ASÍ ANDA
O MUNDIÑO A ROLAR.
…
PRA XENTE QUE NON MARXINA
PARA OS QUE SON MUSULMÁNS
PARA OS QUE SON ORIENTAIS
PRA MIÑA XENTE AFRICANA
UN SAÚDO PARA ALÁ.
PRA AQUÍ, PRA ALÁ, PRA ALÁ, PRA ACÁ
E OS DE AQUÍ PRA ACOLÁ
PRA MÁIS PRA ALÁ
E OS DO BRASIL, VINDE PRA AQUÍ
QUE NÓS IMOS PRA ALÍ
E ALÉN DE ALÍ.
E O MUNDIÑO ROLA, ROLA
E ASÍ ANDA, E ASÍ ANDA
E ASÍ ANDA, E ASÍ ANDA
CANTA RAFA O MEU IRMAO
E ASÍ ANDA, ASÍ ANDA
O MUNDIÑO A ROLAR.
PARA TODA A MIÑA XENTE
PARA TODO O MEU PARENTE
PARA A XENTIÑA DO MUNDO
PARA O MEU IRMÁN PRESENTE.


Tema incluído no seu disco “Sihá”

SAÚDOS POLA PAZ

Este ano toda a escola nos puxemos a cantar a canción "PARALÁ" de Mercedes Peón e traballando coa súa letra fomos inventando outra para as diferentes partes da da canción.
A profe de música, Raquel traballou moito con todos nós e tivo moita paciencia.
Proximamente, mostraremos o resultado do traballo totalmente rematado.




CANTIGA DA PAZ 2012

(ALUMNADO DO CEIP ALEXANDRE BÓVEDA)

Pra xente que non marxina
Un saúdo para alá
Para a xente mariñeira
Un saúdo para alá
Para a xente labrega
Un saúdo para alá
Pra miña xente galega
Un saúdo para alá


Para todas as estrelas
Pra xentiña moi amiga
Pra xentiña de Chapela
E tamén pra Redondela


Para as nenas e os nenos
Un saúdo para alá
Pra todas as nosas nais
Un saúdo para alá
Para toda a boa xente
Un saúdo para alá
Especialmente as chinesas
Un saúdo para alá


E os do Brasil vinde pra aquí
Que nós imos pra alí, e máis pra alí
E as do Xapón vinde pra acó
Que nós imos pra aló, e máis pra aló


Pra xente que non marxina
Un saúdo para alá
Para os que comen o polvo
Un saúdo para alá
Para os que comen cacheira
Un saúdo para alá
E tamén os da empanada
Un saúdo para alá


Pra xente que vive en Francia
Un saúdo para alá
Para os que son alemáns
Un saúdo para alá
Para os que son españois
Un saúdo para alá
Pra miña xente africana
Un saúdo para alá


Para a xente chapelana
Un saúdo para alá
Para os que son de Trasmañó
Un saúdo para alá
Para os que son de Arealonga
Un saúdo para alá
E tamén os de Angorén
Un saúdo para acá


Pola beleza e nobreza
Para desarmar o male
Polas pegadas galegas
E pola boa vontade


Pra todos os meus amigos
Un biquiño para alá
Pra todas as relixións
Un biquiño para alá
Pra todos os que sorrín
Un biquiño para alá
Pra toda a xente pobre
Un biquiño para alá