24/4/19

BURACOS FEITOS POLO HOME

Durante o segundo trimestre estivemos investigando sobre os Buracos feitos polo home: minas, pozos, túneles, vivendas baixo terra e buracos segredos. Entre todos fixemos un mural enorme en forma de Plano de Metro, no que cada liña está adicada a un tema diferente.

Así de bonito quedou!


VÍDEO DO TRABALLO:



23/4/19

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe 23 de abril é o Día do Libro. 

Para celebrar este día tan especial fixemos unha actividade de lectura conxunta, compartindo mundos máxicos e personaxes variados. Os rapaces de 6º, 5º, 4º e 3º de Primaria convertíronse en padriños e madriñas dos máis cativos do cole lendo libros de diferentes temáticas. Os afillad@s deron un agasallo aos seus padriños e madriñas e escoitaron atentamente as historias lidas.

A Caracola Tola está moi contenta, escoitou as vosas lecturas e espera veros moi pronto pola Biblio. Parabéns!

Aquí está o vídeo de "Apadriñamentos Lectores"



11/4/19

CARA A CARA COA POESÍA

Para conmemorar o mes da poesía e o día da poesía (21 de marzo),  traballamos tres grandes escritores e poetas: Antonio García Teijeiro, Gloria Sánchez  (autores que visitaron o cole), e Rosalía de Castro. Cada clase recibíu un poema co que tivo que ordenar os versos coma un crebacabezas e comprobar se o fixeron ben buscando o cubo do autor correspondente. 
A actividade chamouse "Cara a cara coa poesía" xa que en cada cubo dos autores tiñamos a súa fotografía, a portada e a contraportada dun dos seus libros e un poema.

 Esta é a exposición conxunta do  traballo:





AQUÍ ESTÁ O VÍDEO DE "CARA A CARA COA POESÍA":




5/4/19

GLORIA SÁNCHEZ

O martes tivemos unha visita moi especial, a gran escritora de literatura infantil 
Gloria Sánchez. 
Mestra xubilada, comezou a escribir poesía para logo pasar ao teatro e a narrativa. 
Os alumn@s de 3º de Educación Primara leron o seu libro "Sí, poesía" no Itinerario Lector. 


Recibiron a Gloria cun poema cantado acompañado de música en directo coas pandeiretas,  actividade preparada por Ángela. Á autora gustoulle moito e desfrutamos todos desta marabillosa actuación.


Gloria contounos anaquiños da súa vida: cómo era de nena, a escola onde acudía, (que estaba dentro da horta da súa propia casa), cómo comezou a escribir, o seu gusto pola sonoridade das palabras e a súa experiencia con nenos como mestra de Logopedia.



Recitaron poemas os nen@s, recitounos Gloria, leron historias inventadas por eles, e desfrutamos xuntos da maxia das palabras. 
Gracias, Gloria, por compartir o teu tempo e experiencia con nós. 

Esperásmoste na Biblio de Caracola Tola! 



VÍDEO DA VISITA DE GLORIA SÁNCHEZ:





2/4/19

NOVIDADES DE ABRIL

Xa temos as novidades do mes de abril. Hai títulos como: "El pequeño vampiro", "Mortiña", "Cuando mamá llevaba trenzas", "Rosaura e o mar", "Señor aburrimiento", "Os recreos do Nicolasiño", "El valle de los Dragones"...
Pásate e mergúllate nos libros!


29/3/19

CAPTURA, PENSA E PRENSA

Durante a semana da prensa os alumn@s do cole convertíronse en pequenos periodistas, fotógrafos, escritores, editores e redactores. Fixéronse dúas actividades en cadea:

  • Unha actividade consistíu en que os nen@s de Infantil fixeron fotos artísticas por todo o cole e os de 1º escribiron o pe da foto. Os de 2º redactaron as noticias no xornal "Chapela´s News". 
  • A outra actividade consisitíu en escoller  fotografías de xornais os alumn@s de 3º e 4º, os de 5º escribiron os titulares e os de 6º redactaron as noticias. 

A continuación están as fotografías do mural conxunta da actividade:

"CAPTURA, PENSA E PRENSA"

Parabéns a tod@s polo traballo!






 

26/3/19

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Onte tivemos a visita do autor Antonio García Teijeiro. 

Deleitounos cos seus poemas e historias dos libros "Honorato, o rato namorado" e "Poemar o mar". Libros traballados nas aulas de 2º e 4º de Educación Primaria, respectivamente, no Itinerario Lector. Antonio foi premiado recentemente co "Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil" por "Poemar o mar".




Foi un verdadeiro luxo poder contar con él, desfrutar das súas rimas, palabras e experiencia. Contounos como se lle ocorreu o personaxe de Honorato, o seu primeiro contacto coa poesía, a súa paixón polo mar, o seu gusto pola música...Foi unha grata visita na que os rapaces poemaron con él e contaxiáronse dos versos, así, entre todos,  compartindo poesía.



Para recibilo, os alumn@s de 4º recitaron un poema acompañados por Roi, alumno de 5º, tocando o violonchelo, actividade preparada por Ángela. Os alum@s de 2º continuaron recitando un poema de Honorato. Para rematar, fixemos unha fotografía de grupo, e os rapaces de 4º ensináronlle un mural adicado á Serea poeta, do libro "Poemar o mar".


Esperámoste, Antonio, seguiremos poemando e mergullándonos na nosa fraga de libros de "Caracola Tola". Continuaremos polo tanto, navegando o ronsel dos nosos soños.
Parabéns e ata pronto!



Este é o vídeo duns anacos desta marabillosa visita: