A CaracolaTola propuxo unhas recomendacións terroríficas para estas festas!!
Atentos e atentas aos libros que saen do caldeiro e ascenden como burbullas!!
A CaracolaTola propuxo unhas recomendacións terroríficas para estas festas!!
Atentos e atentas aos libros que saen do caldeiro e ascenden como burbullas!!
O 24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS, foi un día moi especial no noso cole, xa que inauguramos a Bilioteca da Caracolatola para este curso escolar 2022-2023.
Todo o alumnado aproveitou a xornada para descubrir os rincóns da nosa biblio. Libros, libros e máis libros... Pero tamén ordenadores para buscar información, legos e robots, xornais, espazo sensorial e moito máis!
Na biblioteca apareceu unha cesta MasterCeip misteriosa cun candeado... menos mal que temos un alumnado que é quen de enfrontarse e superar todos os retos...conseguimos o código, abrimos a cesta e atopamos un montón de vitaminas de lectura!!
Agora seguro que temos enerxía dabondo para ler!!
Durante o curso 2021/2022 o alumnado de infantil aproveitou o préstamo da Biblioteca Caracola Tola para cubrir o seu pasaporte lector.
Cada semana escollían o conto que querían e anotaban o título e data.
Á volta do fin de semana contábannos se lles gustou o non, que pasaba na historia, as personaxes...
Cun debuxo como apoio visual que se foron colocando na clase ou gardando como libro.
O alumnado de 5º de Primaria, acudíu o xoves día 28 de abril a Radio Vigo .
Foi unha visita na que houbo un traballo previo no centro e na que todos crearon un programa de radio.
Alí, tivemos a oportunidade de grabar unha cuña para a promoción do noso centro e ademáis, coñecer as diferentes instalacións.
Neste mes tan especial para as bibliotecas leváronse a cabo actividades no exterior do cole para todo o alumnado.
Grazas a especialista de música e a voluntariedade dalgúns nenxs fixeron
"RECREOS MUSICAIS", con grandes actuacións para o resto do cole!!🙌


A Caracola Tola convidou á biblio a unha artista mondaricense que presentounos a obra de
Yayoi Kusama.