20/5/14

A CASA DO AVÓ

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º tivemos hoxe a sorte de asistir o preestreno da obra "A casa do avó" de Tanxarina, no multiusos  Piñeiral do Crego.
'Un neno recibe o aviso de que o seu avó vai ser desaloxado da súa casa porque foi embargada por un banco.
Na medida en que o neno se pon en marcha para axudar ao seu avó, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras, nun encontro entre o cómico e o poético, que desembocan nun final feliz propiciado polo apoio solidario'.
Moitas grazas a Tanxarina e o Festival Internacional de Titeres de Redondela.


No hay comentarios:

Publicar un comentario