ONTE TIVEMOS A INMENSA SORTE DE RECIBIR A VISITA DALGUNHAS COMPOÑENTES DE MALVELA PARA FACERLLE UNHA ENTREVISTA QUE SE GRAVOU PARA O PROGRAMA DE RADIO ESCOLAR "PONTE NAS ONDAS".
O ALUMNADO DE 6º PREPAROU UNHA ENTREVISTA POR BLOQUES TEMÁTICOS E HAI QUE DICIR QUE O FIXERON MOI BEN.
ASISTIRON COMA INVITADOS OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º. TANTO NOS GUSTABA O QUE DICÍAN E COMO O DICÍAN QUE NON SE ESCOITABA UNHA MOSCA.
AO FINAL, A GRAVACIÓN QUEDOU MOI BEN E XA A SUBIREMOS DESPOIS DO 30 DE MAIO QUE É CANDO SE VAI EMITIR O PROGRAMA.
TAMÉN, XA AO FINAL, INVITAMOS A ALGÚNS CURSOS QUE SE ATOPABAN PERTO DA AULA DE MÚSICA PARA PODER ESCOITAR ALGUNHAS CANCIÓNS ( NON SE PODÍAN IR SEN CANTAR) .
ENTRE TODOS CANTAMOS, COMO NON, " O PIRIMPIMPÍN"
No hay comentarios:
Publicar un comentario